A S.D.Burela abre o prazo de inscripción nas categorías inferiores 2011/2012.

A inscripción farase para os equipos: xuvenil, cadete, infantil, alevin, benxamín, prebenxamín e miniprebenxamin, isto é,  para tódolos nenos nados entre 1993 e 2007

Tódo-los interesados en xogar no clube poden chamar ó 663770037 ou enviar un correo a sdburela@sdburela.es para facilitarnos os datos do neno e pasar a formar parte dos  nosos equipos.

Para máis información consultar a web do clube www.sdburela.es ou as redes sociais da entidade.

 

 

VETERANOS BARREIROS 0 - 1 SD BURELA VETERANOS
 
Os veteranos continuan coa súa boa liña de resultados na súa primeira participación na Liga Norte de Veteranos. Na súa visita ao equipo veciño de Barreiros a igualdade foi a tónica dominante do encontro. O gol de Suso decideu un partido onde participaron 18 xogadores do equipo burelao, destacar tamén o debut de Luisjo na escadra burelesa.

 

ASAMBLEA DE SOCIOS O VENRES 15:

A S.D.Burela convoca a tódolos seus socios á asamblea xeral extraordinaria o 15 de xullo ás 19.30 en primeira convocatoria e as 20.00 en segunda no Salón de Conferencias do Concello de Burela (Antiga Biblioteca)  coa seguinte orde do día

  • Elección de Presidente e resto de cargos da directiva.

E a partir das 20.15 en primeira convocatoria e 20,45 en segunda con carácter ordinario:

  • Estado das contas da tempada 2010/2011

  • Presuposto de ingresos-gastos tempada 2011/2012

  • Planificación das categorías da tempada 2011/2012

  • Rogos e preguntas

 

VICTORIA DOS VETERANOS NO AMISTOSO DE CANGAS:
 
O equipo veterano xogou este domingo un partido amistoso en Cangas, con motivo das festas na parroquia veciña. O encontro entre os veteranos do Cangas e a SD
Burela foi de completa deportividade. O resultado de 1-3 foi positivo para os burelaos con goles de Raúl e Pablo en dúas ocasións.
 

 

NOVA VICTORIA DOS VETERANOS:

A visita a Luarca desta última fin de semana, foi positiva para os integrantes do equipo veterano da entidade. Os visitantes venceron por dous goles a cero a un combativo conxunto local. Os goleadores do conxunto burelao foron Chano, novo adestrador do Viveiro CF, e Rubén, ambolos dous de falta.

Para esta fin de semana, o único conxunto en competición da entidade visitará o campo do Cangas, con motivo das festas patronais, para xogar un partido amistoso.

 

BÓ SABOR DE BOCA NO COSTA NOVA:

A SD Burela participou nesta última fin de semana de xuño no Torneo Internacional Costa Nova. Os participantes por parte da entidade foron os xuvenís, infantís, alevíns (a e b), benxamíns (a e b) e prebenxamíns. Na fase de grupos disputada os días 24 e 25 os equipos participantes da SD Burela conseguiron resultados dispares quedando para a quenda final clasificados os xuvenís e os prebenxamíns.


Na xornada de domingo os prebenxamíns gañarían ao AD Santiago de Foz nun emocionante partido que concluíu con vitoria verde por 2-3 grazas a un gol de Jorge Quelle dende o centro do campo, conseguindo o pase cara a final. O rival sería o Allerleal, equipo que gañara con solvencia ao Burela na fase de grupos por catro goles a un. Pola súa banda os rapaces de Abel caéron derrotados por tres goles a cero ante un Frutas Parquesol que se proclamaría campión do torneo na súa categoría.


Xa pola tarde os prebenxamíns xogarían a final ante o gran conxunto o Allerleal. Nun partido moi igualado os nenos loitaron e buscaron a vitoria en todo momento. O partido concluiría con empate a un no marcador. Nos penaltis Egoitz porteiro do equipo prebenxamin, que a posteriori foi nomeado mellor gardameta do torneo, foi o protagonista ao fallar dous penaltis os rapaces asturianos e Roberto e Jorge Quelle materializarían os seus penaltis levando o xúbilo á bancada.


Pola súa banda os rapaces de Abel xogarían á mesma hora en Xove contra o Alcava. Rival que xa lles gañou na fase de grupos por 2-0 e que volvería a gañar aos verdes por tres goles a cero, rematando os xuvenís na cuarta posición do torneo.


Agradecer a todos os participantes da SD Burela o seu esforzo durante o torneo, así como aos seus familiares e aos directivos do club nunha fin de semana chea de emocións que serve como cerre a unha gran tempada.

 

 

PIRU RETÍRASE:

O futbolista chairego Rubén Sanjurjo Fernández ''Piru'' que militou na S.D.Burela na tempada 2007/2008 anuncia a súa retirada ós 30 anos debido os problemas cardiacos que lle foron detectados tempo atráis e que se agravaron nos ultimos meses. O actual xogador zurdo do Viveiro CF está pendente de decidir se operarse para correxir os problemas que ten nunha válvula cardiaca.

Piru iniciouse no Racing Vilalbés para posteriormente pasar polo Viveiro CF e CD Foz (en dúas etapas), ademáis do Xove Lago e a S.D.Burela, tamén estivo vinculado ó Riotorto CF e As Pontes.

Dende Burela desexámoslle a mellor das sortes no futuro e unha pronta recuperación dos seus problemas.

 

TORNEOS DO SANTIAGO DE FOZ E CERCEDA 

A SD Burela participou o pasado fin de semana nestes dous torneos. Os rapaces do equipo benxamin A desprazaronse a Foz, onde a derrota co equipo local os privou dun mellor posto, quedando nunha meritoria segunda posición. 

Un grupo alevín, outro benxamín e outro prebenxamin desprazáronse cara Cerceda para disputar o V Torneo Concello de Cerceda. Destacar a gran actuación do conxunto prebenxamin, onde tan só o golaverage encontra os privou de pasar ás semifinais do torneo logo de ofrecer unha grata imaxen, nun torneo que creceu en canto a calidade futbolística respecto a anos pasados

Durante a próxima fin de semana todos os equipos da entidade, agás o cadete participarán no torneo internacional Costa Nova que se celebrará ao longo dos campos mariñaos durante os días 24, 25 e 26

 

CONVIVENCIA COAS ESCOLAS DE FÚTBOL VIESQUES-JESÚS URIBE:

Nesta fin de semana os máis pequenos da entidade gozaron dunha convivencia coas Escolas de Fútbol Viesques- Jesús Uribe

Josu Uribe, director técnico destas escolas, fundadas polo seu pai no ano 1997 é un adestrador profesional de fútbol cunha dilatada experiencia na Segunda División Española que conta na súa experiencia profesional cun ascenso á máxima categoría có Getafe CF.

Este magnifico profesional, agora sen equipo tras adestrar ao Cultural Leonesa de Segunda División B na tempada pasada, estivo presente ao longo da xornada deportiva onde máis de 120 persoas visitaron a nosa vila.

O primeiro partido disputado entre os benxamíns de segundo ano da SD Burela e das Escuelas Viesques foi para o bando visitante por dous goles a sete. Os benxamíns de primeiro ano enfrontaríanse entre si para gañar de maneira destacada os locais e xa por último os prebenxamins disputaron un gran partido que finalizou cun 5-4 para os locais e unha demostración de fútbol 8 par aos máis pequenos das Escuelas Viesques Jesús Uribe.

 

DERROTAS MOI ABULTADAS NA FIN DE SEMANA:

O equipo prebenxamín da SD Burela foi o conxunto que máis lonxe chegou nesta tempada. Con posibilidades de gañar a liga ata o final os rapaces adestrados por Manolo medíronse ó Praia de Covas, que tamén chegaba con opcións de conseguir o título na derradeira xornada, os de Covas amosáronse superiores o longo dun partido que rematou cun claro 6-2.

Nunha primeira metade igualada e con ocasións por ambas partes o Praia de Covas adiantaríase e os burelaos remotarían, pero nos minutos fináis da primeira metade os locais volverían a adiantarse no marcador. Tras o descanso os rapces de Manolo saíron en busca do gol pero recibiron outro gol nun contragolpe letal. Con este resultado chegarían as mellores ocasións burelenses pero foi imposible recortar distancias. Os locáis mostráronse máis seguros ante uns burelenses que deron a cara durante todo o partido. O Praia de Covas remata a tempada no primeiro posto, seguido da SD Burela cos mesmos puntos.

Por outra parte o primeiro equipo plagado de xuvenís viaxou o campo de Sangoñedo para enfrontarse á SD Chantada, os locáis, actuais campións da Copa Deputación, amosáronse moi superiores ó longo dun encontro no que os menos habituais da SD Burela pouco puideron facer para evitar a abultada goleada final de oito goles a cero que os elimina da XXVIII edición da Copa Deputación nesta ronda de oitavos de final.

 

ASAMBLEA XERAL:

A SD Burela convoca a todos os seus socios o 27 de maio a unha Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00, en segunda, no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), coa seguinte orde do día:

1.Renovación do cargo de presidente por dimisión do actual.

2.Rogos e preguntas.

 

RESUMO DA FIN DE SEMANA:

A fin de semana deportiva para a SD Burela comezou o pasado xoves coa visita do Santiago de Foz ó campo da Marosa. O equipo prebenxamín venceu por 4 goles a 2 a un dos equipos que está a conseguir un mellor nivel de xogo e resultados nesta segunda volta e xogaráse o todo polo todo no último partido, ante o Praia de Covas no Municipal de Viveiro, onde o vencedor proclamarase campión da liga.

O equipo infantil disputou o encontro de volta da eliminatoria contra o EF Viveiro o sábado. Os pupilos de Jaime con un resultado de 1-3 na ida e con 2-0 ao descanso vianse con pe e medio na seguinte rolda. Un arranque nefasto da segunda parte do encontro fixo que os pupilos de Lekumberri das EF Viveiro venceran por 2 goles a 4 e pasaran a seguinte fase.

Os máis madrugadores da fin de semana foron os veteranos. O viaxe a Trevías serviría para unha nova vitoria por dous goles a tres. O encontro, marcado pola longa viaxe ata terras asturianas, estivo marcado polo curto do resultado e a emoción ata o final. Chano con dous goles e Modia con un farían xustiza ó bo xogo visitante

Xa por último vencerían tamén os integrantes do primeiro equipo no seu encontro de Copa Diputación. O derbi entre a SD Burela e o Ribadeo FC serviu para ver as evolucións dos xuvenís da entidade participantes no encontro (Moro, Alex, Joel, Miguel Gomes e Gilson formaron no equipo titular e Jota xogou ao longo do encontro) e disputar minutos os menos habituais. O partido que finalizou con 1-1, tras goles de Chinco polo Ribadeo e Miguel Gomes polo Burela, decidiuse na tanda de penaltis onde a sorte caeu de lado burelao. A S.D.Chantada agarda na ronda de oitavos da Copa Deputación o vindeiro fin de semana no campo de Sangoñedo.

 

RESUMO DA FIN DE SEMANA:

Fin de semana de poucos partidos para a S.D.Burela. O primeiro deles foi o do equipo infantil, dirixido por Jaime. Os rapaces gañaron na súa visita as EF Viveiro por un gol a tres no partido de ida da Copa Élide. 

Tamén xogaría Copa  Élide o equipo cadete, caendo derrotado por seis goles a un contra o CD Foz. Os pupilos de Luís rematan a competición tras esta nova derrota.

O equipo de veteranos disputou o sábado pola tarde a quinta xornada da Liga Norte de Veteranos, empatando a tres tantos ante a SD Ribadeo, os burelaos seguen ocupando o terceiro posto na taboa.

 

DERROTAS NA FIN DE SEMANA:

A S.D.Burela non conseguiu ningún resultado positivo nesta fin de semana. O primeiro equipo, sen nada que xogarse e con numerosas baixas, xogou o seu derradeirp partido de liga con cinco xuvenís no equipo titular. Os rapaces deron a cara e mostráronse superiores no xogo combinativo ante un Valadouro que se xogaba o descenso.

Wilson adiantou ós visitantes tras un barullo na área pero o cansancio de xogar o día anterior fixo mella nos xuvenís que nos minutos finais deixáronse remontar (2-1)

Valadouro (2): Dani; Alberto Prado, Borja, Trigo, Álex, Martiño, Cándido, Iván, Mario, Eloy e Alberto. Tamén xogaron Pablo e Montero.

S.D.Burela (1): Ramón; Edson, Julio Cayón, Pedro, Revilla, Moro, Wilson, Joel, Álex, Gilson e Juanito. Tamén xogaron Rodrigo, Eric, Manolo, Miguel Gomes e Anthony.

Caeron tamén derrotados os xuvenís na súa visita a Alfoz. O partido previo da Copa Élide foi de infausto recordo para os verdes que viron como xa o descanso o equipo local vencía por dous goles a un. Tras o descanso, os pupilos de Abel expoleados por as gañas de seguir na competición puxeron as táboas no marcador e dispuxeron de mellores oportunidades ante un rival que aproveitou as únicas ocasións que tivo durante o encontro para levarse o partido

Tamén caeu derrotado o conxunto cadete na mañá do domingo por un contundente 0-6 ante un dos mellores equipos da categoría, o CD Foz. Os pupilos de Luís recibiron un severo correctivo ante un conxunto que prepara a fase de ascenso

Na súa última visita na Liga, os infantís caeron derrotados por catro goles a cero ante o Residencia B. O partido calificado polo adestrador como o peor da tempada reflexa a pouca intensidade por parte visitante.

 

DERROTA NO ÚLTIMO PARTIDO NA CASA:

O primeiro equipo da S.D.Burela disputaba o seu último encontro ante a súa afección nun ano onde se pelexou polo ascenso ate o último momento.

Na primeira metade xa se veu quen se xogaba algo neste partido. Cun Escairón necesitado de puntos o equipo burelao saíu decidido a darlle unha última alegría a súa afección e axudar aos seus veciños envoltos na loita pola permanencia.

Así pois ao longo do primeiro tempo o equipo local dispuxo de ocasións para poñerse por diante do marcador pero a mala fortuna privounos dunha mellor xeira para o descanso. Ao cal se chegaría con ventaxe para os visitantes por cero goles a un.

Na segunda metade Manolo puxo as táboas no marcador e Santi nunha xogada moi protestada polos verdes adiantaría ao Escairón.

S.D.Burela (1): Ramón; Tedi, Julio Cayón, Rubén, Pedro, Bruno, Juanito, Adrián, Manolo, Miguel e Revilla. Tamén xogaron Julio Neira, Edson, Borja, Fran e Rodrigo.

Atlético Escairón (2): Adrián; Marcos, Juan, Ramón, Isi, Diego, Aitor, Beni, Fabio, Félix e Santi. Tamén xogaron César e Cándido.

Despediuse da liga os equipos xuvenís e cadetes. Os primeiros gañaron con comodidade ao Iberia por cero goles a seis, nun partido sen chispa os verdes preparan ahora a súa participación na Copa Élide. Na súa última visita o cadro de Luís Pardo caeu goleado abultadamente contra o Viveiro 9-0. O conxunto dirixido por Edu foi un duro rival para os novos xogadores burelaos.

Venceu na súa ultima xornada na casa o conxunto de Jaime, os infantís, sete goles a dous foi o resultado ante un combativo e novo Ferroviaria que deu a cara durante todo o encontro.

Nas categorías de fútbol 7 tan só se mantén en competición o equipo prebenxamín. Os rapaces de Manolo gañaron por 12-0 a un novo e inexperto SD Ribadeo B e preparan o partido decisivo ante o Praia de Covas onde se decidirá a liga.

 

RESUMO I TORNEO DE FÚTBOL-7 CONCELLO DE BURELA: 

A primeira edición do torneo de fútbol sete organizado pola S.D.Burela en colaboración co Concello de Burela foi un gran éxito. O novo campo de herba artificial foi o lugar de reunión de numerosos afeccionados e xogadores ao longo dunha gran xornada deportiva e lúdica para os máis pequenos. 

No total das tres categorías o Santiago de Foz proclamouse vencedor logo dun gran xogo en todas elas ao vencer aos participantes da S.D.Burela.

Os primeiros en saltar ao terreo de xogo, alá polas once da mañá do domingo, foron os benxamíns do primeiro equipo de Burela e o Santiago de Foz vencendo os verdes por dous goles a cero. No campo dous vencerían por seis goles a cero os prebenxamíns da S.D.Burela ao SD Ribadeo. Tras estes partidos xogarían os alevins da S.D.Burela nun novo enfrontamento contra o Santiago de Foz, con vitoria para os nosos veciños, e o segundo equipo da S.D.Burela caería derrotado ante o ED Lourenzá. O segundo equipo benxamín da entidade debutaría despois en duelo directo contra o Santiago de Foz que vencería por cinco goles a un. Nesa mesma hora xogarían o Santiago de Foz e o Ribadeo en prebenxamíns que gañarían os focegos por un avultado trece cero. A xornada de mañá finalizaría cun dobre duelo de alevins entre a S.D.Burela A contra a ED Lourenzá, reedición do campionato da Mariña de fútbol 7 alevin, que vencerían os verdes e un partido entre o alevin b da S.D.Burela e o Santiago de Foz que sería de cor focega.

Tras un descanso a actividade volvería a comezar as 16:00 horas con dous emocionantes partidos entre os dous equipos da S.D.Burela, con empate a catro goles, e un gran partido de prebenxamíns entre o equipo local e o Santiago de Foz con vitoria para os locais por dous goles a un. Acto seguido sería a última xornada de alevins, con dobre enfrontamento entre o Lourenzá e o Santiago de Foz de categoría alevin, onde tamén se xogaría un enfrontamento entre os dous equipos da S.D.Burela alevin con vitoria para focegos e o primeiro equipo da S.D.Burela.

Acto seguido era a quenda de finais con tres enfrontamentos entre a S.D.Burela e o Santiago de Foz. Na primeira final o Santiago de Foz vencería ao S.D.Burela benxamín A cun brillante xogo entre ambos equipos. Acto seguido sería a final dos máis pequenos da competición entre a S.D.Burela e o Santiago de Foz. Os rapaces de Cristian Fustes demostraron unha gran evolución de xogo e superioridade física ante os locais, que en ningún momento tiveron opcións de meterse na final, e caeron derrotados por 0-3. E xa para rematar o primeiro equipo da S.D.Burela alevin mediríase ao equipo da AD Santiago de Foz, campión provincial, caendo derrotado por cinco goles a un.

Jnha vez rematados os partidos produciuse a entrega de premios por parte da tenente alcalde Neves Cando e o concelleiro Pascual Domenech a todos dos rapaces alí presentes.

 

RESUMO DA FIN DE SEMANA:

O primeiro equipo da S.D.Burela, sen nada que xogarse dende a xornada anterior, viaxaba ao campo do Ferreira de Pantón cos menos habituais co fin de repartir minutos nos últimos tres partidos.

Os locais, que se xogaban confirmarse nos postos altos, mostráronse superiores, ante un Burela que contaba con hasta 4 xogadores xuvenís nas súas filas. O 2-1 final reflexa o emocionante encontro vivido no campo de O Baliño.

Ferreira de Pantón (2): Diego; Davicín, Martín, Víctor, Chubby, Michael, Zizú, Núñez, Camilo, David Valcárcel y Kiss. También jugaron Edgar, Usa y Adrián García.

S.D.Burela (1): Ramón, Teddy, Miguel, Otero, Pedro, Julio, Edson, Martiño, Manolo, Alex, Borja. Tamén xogaron: Miguel Gomes, Moro, Rubén, Gilson e Bruno. Marcou o gol Julio

Abel e os xuvenís xogaron o seu último partido na casa ante o Pastoricense. Os da Pastoriza viñan a Burela co fin de buscar unha nova vitoria que os acercara ao liderado. Abel e os seus mostráronse moi fortes en defensa e xogaron as súas bazas para que, tras un gol de Wilson, levaran os tres puntos ao marcador burelao.

Volverían a caer derrotados os cadetes da S.D.Burela. Esta vez a visita do SDC Polvorín fixo demasiado dano aos verdes, que tras empatar a contenda ao descanso (1-1). Viron como a maior pegada e atención do conxunto capitalino fixo que se levaran os tres puntos.

En fútbol 7 tan só xogarían os benxamins A e os prebenxamíns. O equipo de Pelayo, o benxamín A, gañaría comodamente na súa visita ao EFB Viveiro B. Mentras que o equipo de Manolo, o prebenxamín, gañaría a un combativo SD Ribadeo A por tres goles a un, resultado que lles serve para seguir na loita por o campionato ante o Praia de Covas.

 

AS EXPULSIÓNS CONDICIONAN Ó PRIMEIRO EQUIPO:

Xogábase a S.D.Burela as opcións de ascenso que lle quedaban ante o Ribadeo nun derbi apaixoante vivido na Marosa o pasado domingo. Na primeira metade o dominio do esférico do Burela foi infrutuoso ante un Ribadeo que aproveitou a única ocasión da que dispuxo para adiantarse no marcador.

Logo do descanso o Burela con máis poder ofensivo empatou o encontro por mediación de Rodrigo e puido darlle a volta ao marcador. Acto seguido do empate o Burela, vitoreado polo numeroso público presente nas bancadas, foi a polo gol da remontada. Nunha nova ocasión de gol de Rodrigo o árbitro decidiu expulsalo rigorosamente, presuntamente por tirarse dentro da área e o partido igualouse. Aínda con dez o Burela tivo ocasións de poder poñerse por diante no marcador. No último tramo e faltando vinte minutos para o final, o árbitro expulsaba a Juanito. Esta expulsión condicionaría o resto do encontro. Nos últimos minutos Chinco marcaría o gol da vitoria para un Ribadeo que o achega cada vez máis á Preferente.

S.D.Burela (1): Rato; Miguel, Julio Cayón, Rubén, Pedro, Juanito, Rodrigo, Bruno, Manolo, Miguel Gomes e Martiño. Taién xogaron Julio Neira e Óscar Carballeira.

Ribadeo (2): Viusky; Pernas, Isma, Porto, Vilela, David, Óscar Pol, Diego, Chinco, Adrián Fernández e Álvaro. Tamén xogaron Javier, Vicente, Julio e Menéndez.

O sábado foi tamén malo para os intereses verdes. Os infantís viaxaron ao difícil campo do Sarria, e caeron derrotados por dous goles a un. Este partido corta unha gran racha dos rapaces de Jaime que se mostran como unha das revelacións da Liga.

Viaxaron tamén a Lugo os xuvenís. O Sagrado Corazón, un dos mellores equipos da liga e que loitaba como o Burela polo primeiro posto, venceu por un contundente 7-3 aos xuvenís que viron como na segunda parte recibían seis goles.

As únicas alegrías da xornada conseguiríanas os máis pequenos do club. O benxamín B conseguiría un meritorio empate a cinco contra o potente SD Ribadeo A. Os pupilos de Nito mostráronse superiores en todo o encontro e conseguiron un empate ante un dos gallitos da categoría. Conseguirían a única vitoria da xornada os prebenxamíns. Na súa visita ao EFB Viveiro A gañarían por un contundente 1-7.

Xa por último os cadetes viaxarían tamén a Sarria e caerían derrotados por un contundente 7-1. O máis destacado do encontro foi o debut de Míguez e Alex no equipo cadete, ambos xogadores do equipo infantil demostraron grandes maneiras no seu debut.

 

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA:

  • AUTONÓMICA: SDC CABREIROS 1 - S.D.BURELA 1

  • VETERANOS: S.D.BURELA 1 - VIVEIRO CF 0

  • XUVENÍS: S.D.BURELA 3 - CD COSPEITO 1

  • CADETES: S.D.BURELA 1 - SD RIBADEO 3

  • INFANTÍS: S.D.BURELA 5 - RAC.VILALBÉS 1

  • PREBENXAMÍNS: S.D.BURELA 9 - EF VIVEIRO B 0

 

O DERBI ACABA EN TÁBOAS:

S.D.Burela e Lourenzá disputaron o pasado domingo un bonito derbi en canto ó fútbol ofrecido e a numerosa presenza de afeccionados dos dous conxuntos na Marosa. Os burelaos saíron moi fortes na primeira parte e buscaron a vitoria, chegando a adiantarse cun gol do xuvenil Miguel Gómes de fermosa factura dende fora da área. Co 1-0 no marcador chegaríase ao descanso merecendo o Burela un mellor resultado nese momento. Na segunda parte o Lourenzá despregou un mellor xogo froito dun maior poderío físico e lograron un bonito gol de falta, obra de Recalde, aos vinte minutos da segunda parte conseguindo as táboas no marcador e deixando ao Burela na terceira praza, a dous puntos do Ribadeo.

S.D.Burela (1): Rato, Miguel, Julio Cayón, Rubén, Óscar Otero, Bruno, Juanito, Revilla, Manolo, Miguel Gomes e Rodrigo. Tamén xogaron: Julio Neira, Borja, Adrián Barcia e Oscar Carballeira.

Lourenzá (1): Xoel, Carro, Israel, Omar, Carlos, Pachicho, Monchiño, Garrafin, Pablo, Recalde, Titi. Tamén xogaron: Marcos e Noé.

Pola súa banda, os xuvenís conseguiron unha nova vitoria no campo do Pol. O desprazamento a Bretoña froito das obras a realizar no campo do equipo local deu os seus froitos na segunda parte onde os rapaces de Abel mostráronse máis incisivos cara o marco contrario logrando 3 goles. O marcador de 2-4 reflexa o que foi o partido onde o Burela dominou pero non conseguiu matar o encontro ata o final.

No mesmo domingo, e compartindo viaxe cos xuvenís, viaxaron a Lugo os cadetes. A visita ao Sagrado Corazón non deu os seus froitos no equipo de Luís. A derrota por seis goles a cero deixaría as claras quen foi superior ao longo do partido.

Segue na súa boa xeira de resultados o equipo infantil. Na súa visita ao Pepe Barrera conseguiron un valioso punto, froito do empate a dous goles, que lles permite seguir no sétimo posto da táboa clasificatoria. Excelente segunda volta dos rapaces de Jaime que están sendo a gran revelación.

En fútbol sete destacar a axustada vitoria do equipo prebenxamin ante o Santiago de Foz (2-3) que lles permite seguir na loita pola primeira praza. E as derrotas de ámbolos dous benxamíns.

 

ENTREVISTA A SUSO PENA (lavozdegalicia.com):

O Ribadeo é segundo pero a S.D.Burela tamén depende de si mesma, pois ten pendente a visita da escuadra ribadense ó campo da Marosa. Suso Pena (Burela, 1969) cre que ese encontro podería ser decisivo.

-¿A principios de Liga asinaría verse nesta situación a estas alturas do campionato?

-Evidentemente. Cabe lembrar que a tempada pasada loitamos por non descender ata o final nesta levamos entre os mellores todo o campionato.

-Só restan seis xornadas e seguro que xa fixo cábalas. ¿Con cantas vitorias conta?

-Sempre dixen que o equipo que fixera 60 puntos acadaría o ascenso e sigo pensando o mesmo. Non creo que ningún dos aspirantes vaia gañar todos os puntos que quedan en xogo.

-¿Cal dos partidos pendentes lle asusta máis?

-Na situación na que estamos non nos pode asustar nada. Agora mesmo só penso no Lourenzá porque é o rival do domingo, pero a única consigna é disfrutar de todos e cada un dos partidos que quedan.

-Aínda queda un Burela-Ribadeo que podería ser decisivo

-Se chegamos na situación actual pode selo, pero os dous equipos podemos pinchar e hai rivais por detrás que merecen todo o respeto do mundo.

-Sospeito que coñece o calendario do Ribadeo.

-Non me queda outra porque moita xente ma fala diso, pero non lle dou moita importancia. Aquí calquera pode pinchar onde menos o espera.

-Fai algunhas semanas dicía que eles eran os máximos favoritos ó ascenso.

-Por presuposto e plantei non me cabe ningunha dúbida. O Ribadeo apostou polo ascenso non oculta o seu obxectivo. Todo isto tamén lle da un plus de presión que outros non temos.

 

IMPORTANTE VITORIA EN BÓVEDA NO REGRESO DE ADRIÁN BARCIA:

O primeiro equipo, logo da vitoria do partido adiantado da xornada do Ribadeo, necesitaba sumar tres novos puntos na súa visita a Bóveda. Salientar a volta aos terreos de xogo de Adrián Barcia que dispuxo dos seus primeiros minutos nesta xornada.

Suso e os seus tiveron a fortuna de cara na primeira metade. Manolo no minuto 20, logo dun saque de esquina, e o xuvenil Miguel Gomes no 25, tras un contragolpe fixeron os goles que a posteriori significarían a vitoria. Rato, na segunda parte, desbaratou a mellor oportunidade do Bóveda ao deter un penalti producido na área burelá.

Bóveda (0): Iván, Castro, Jose, Ibi, Moya, Diego, Luis, Iván Patiño, Iván, Iván Cid e Frán. Tamén xogaron: Musa e Pilis

S.D.Burela (2): Rato, Miguel, Julio Cayón, Rubén, Pedro, Juanito, Julio Neira, Bruno, Miguel Gomes, Manolo e Rodrigo. Tamén xogaron: Alex, Óscar Otero, Teddy, Adrián Barcia e Óscar Carballeira.

Goles: 0-1, Manolo; 0-2, Miguel Gómes.

Nas categorías inferiores da S.D.Burela destacar a nova vitoria do infantil. Os rapaces de Jaime, con 6 vitorias consecutivas, alcanzan a sétima praza logo da súa vitoria en Sarria (2-8). Tamén volveu a gañar o equipo cadete. Os rapaces de Luís recibían o pasado domingo á mañá a Milagrosa B. Nun encontro dominado por os burelaos, a lesión de Sebas foi o único punto negro nun partido dominado por os verdes (4-1).

Os xuvenís da entidade continúan a loitar por alcanzar o primeiro clasificado. Nesta xornada recibían ao Ribadeo e conseguiron unha nova vitoria por catro goles a un, nun mal partido dos pupilos de Abel.

En fútbol sete destacar o subcampionato do Alevin A, tras caer derrotado por 6-3 contra a ED Lourenzá, os pupilos de Óscar rematan a liga na segunda posición. Os benxamíns conseguiron, por a súa banda, unha vitoria máis para os intereses do equipo A, por a súa banda o equipo B caeu derrotado ante un potente Santiago de Foz A.

No fútbol veterano destacar unha nova vitoria do equipo verde. No partido entre os veteranos de Cangas e a S.D.Burela o bo rollo estivo presente entre todos e os xogadores burelaos conseguiron unha nova vitoria por dous goles a sete. Tras esta vitoria os verdes continúan no primeiro posto. Para dentro de quince días vivirán un gran partido ante o Viveiro, un dos favoritos da competición.

 

SORPRESA ANTE O TABOADA:

O primeiro equipo da entidade enfrontouse na tarde do domingo ao Taboada, un dos conxuntos máis combativos da categoría. O partido comezou cun Burela superior, ante un rival que levaría perigo ás contras. Na segunda metade o Taboada adiantaríase por mor dun saque de falta rápido que suporía a posterior expulsión de Julio. Con dez o Burela chegaría a empatar e a merecer un mellor resultado, froito das numerosas ocasións que tiveron. Nos minutos finais un penalti transformado por Guerreiro, con expulsión do burelao Xosé, suporía a vitoria do Taboada nun partido bronco que terminaría con dous expulsados máis, Moro por parte burelesa e Alberto por parte visitante.

Destacar a presencia neste partido de 4 xogadores do equipo xuvenil Alex, Moro, Gilson e Miguel Gomes, que non desentonaron no xogo do equipo.

S.D.Burela (1): Ratoeira; Miguel, Óscar Otero, Pedro, Rubén, Julio Neira, Juanito, Revilla, Manolo, Miguel Gomes e Rodrigo. Tamén xogaron Xosé, Moro, Álex e Gilson.

Taboada (2): Roi; Montes, Álex, Nico, Iván, Víctor, Alberto, Guerreiro, Mosqui, Marcos e Emilio. Tamén xogaron Pollán, Andrés e Mejuto.
 

Goles: 0-1, Mosqui; 1-1, Rodrigo; 1-2, Guerreiro.

Árbitro: Pablo Polo Fernández (Delegación de A Mariña).
 

Na visita a Lourenzá o equipo xuvenil conseguiría tres novos puntos. Abel e os seus chegaron ao campo de Santa Cruz condicionados por as baixas e cun banco repleto de cadetes. Joao autor do único gol do partido sería o máis destacado do encontro.

Os cadetes da S.D.Burela visitarían o campo do Praia de Covas. O partido, de exquisita deportividade por ambos os dous conxuntos, decidiuse nunha xogada de estratexia a favor do Praia de Covas (1-0) que privaría ao Burela de sumar tres novos puntos

Sumarían de novo, e xa por quinta xornada consecutiva, os infantís. A goleada da xornada das categorías da S.D. Burela sería deles ao gañar por sete goles a un ao Polvorín. Javi autor de catro goles foi o máis destacado do equipo de Jaime que se coloca na oitava posición

Nas categorías de fútbol 7 destacar o empate entre o Burela prebenxamín e o Praia de Covas (3-3) ambos equipos brindaron un gran espectáculo aos alí presentes e mostráronse como os favoritos da categoría. Así mesmo, na xornada de mércores de ceniza, os pupilos de Óscar Carballeira, o alevin A, clasificáronse para a final da súa liga, logo de vencer ao Viveiro B. O seu rival será o Lourenzá que ven de remontar a eliminatoria que lle enfrontaba ao Santiago de Foz por un abultado 7-2 no último encontro.

 

O PRIMEIRO EQUIPO VENCE E SEGUE NA LOITA POLO ASCENSO:

No viaxe a Riotorto, os pupilos de Suso, venceron por un axustado 2-3 ao conxunto local. Nun partido trabado e con pouco xogo polas dúas partes, os visitantes tiveron a fortuna de cara para levarse tres puntos e escaparse na loita pola segunda praza.

A xornada das categorías inferiores comezaría o sábado coa visita do Foz de xuvenís. Os rapaces de Abel pecaron de falta de experiencia ante un veterano equipo visitante. Cunhas vantaxes de 2-0 e 3-2 os verdes deixaron pasar unha gran oportunidade de acercarse aos postos altos da táboa co empate final 3-3

As visitas a Lugo de cadetes e infantís resolveríanse de diferentes maneiras. Os cadetes caerían derrotados por 4-0 ante un San Xosé moi ben plantado no campo e que mereceu a vitoria ante un combativo Burela. Pola súa parte, Jaime e os infantís, gañaron 0-3 no campo do At. Abuín. O madrugón que tiveron os rapaces, por mor do cambio de horario, fixo presenza na primeira parte que rematou co empate inicial. Na segunda os burelaos foron mellores e conseguiron o 0-3.

En fútbol 7 o único partido desta xornada era o encontro entre o SD Ribadeo A e o S.D.Burela benxamín B. Os verdes caeron derrotados nun gran partido realizado por os rapaces de Nito (6-4). As baixas e a falta de rotacións privaron ao Burela dun resultado mellor

No novo equipo de fútbol da entidade, os veteranos, comezaron a Liga Norte cunha contundente vitoria ante o Barreiros (5-2). O resultado coloca primeiro clasificado da Liga Norte ao conxunto dirixido por Madar.

 

O PRIMEIRO EQUIPO EMPATA NO DERBI CONTRA O FOLGUEIRO:

No derbi, celebrado o pasado domingo, entre a S.D.Burela e o Folgueiro as defensas impuxéronse aos ataques, nun partido trabado e sen oportunidades que acabou con empate a cero goles.

O Burela foi o único equipo que tratou de buscar a vitoria, ante un Folgueiro repregado e buscando as súas bazas á contra. A posesión verde aumentou a medida que pasaron os minutos, pero non gozaron de claras ocasións para vencer.

O pasado sábado viviríase na Marosa un novo derbi comarcal en xuvenís, os pupilos de Abel mediríanse a un potente San Ciprián, segundo clasificado, en busca de acercarse ao liderato da táboa clasificatoria. O xogo físico dos visitantes e a escasa fortuna local, privou da vitoria aos verdes (0-2) que caen ao cuarto posto da táboa.

Mellor lle foron as cousas aos pupilos de Luís Pardo. Os cadetes conseguiron unha abultada vitoria (10-1) ante o San Roque. A primeira metade remataría con tres goles a cero a favor dos locais. Na segunda os cadetes mostráronse máis incisivos de cara gol logrando esta gran vitoria. 

Merecida vitoria a lograda polos infantís. Os rapaces de Jaime, octavos clasificados, conseguiron a sorpresa da xornada logo de vencer ao Milagrosa, segundo que loita por alcanzar os postos de ascenso a liga galega. Javi adiantaría aos locais que viron como pronto empatarían os de Lugo. Alex cun certeiro remate á saída dun corner faría o derradeiro dous a un, co que remataría o encontro. 

En fútbol sete destacar a vitoria nas semifinais da liga do alevin A. Os pupilos de Óscar venceron por 1-4 ao Viveiro B. O partido de volta xogarase dentro de quince días no campo da Marosa. Na categoría benxamín destacar a vitoria contundente do equipo b, dirixido por Nito, por 7-3 ante o Ribadeo B e a derrota do equipo de Pelayo ante o Praia de Covas por 2-4. En prebenxamins, os rapaces de Manolo, continúan coa súa impecable traxectoria logo de vencer ao SD Ribadeo B por un contundente 1-6.

 

ASINADAS AS AXUDAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS: (CRONICA3.COM)

A concelleira de Deportes, Neves Cando, asinou cos clubes de baloncesto, fútbol sala e fútbol os convenios para as escolas deportivas desta tempada. O Concello destina a este fin máis de 53.000 euros.

Cando explicou que “asinamos cos tres clubes de Burela, o de baloncesto, o de fútbol sala e o de fútbol, os convenios para desenvover esta tempada as escolas deportivas municipais nestes tres deportes. En total son 400 alumnas e alumnos os inscritos nestes tres clubes e son 35 os monitores e monitoras que se encargan da súa formación”.

A edil nacionalista manifestou que “en función do número de alumnos e monitores así se estipula a aportación do Concello a estes clubes. Son 13.800 euros para o Clube Baloncesto Burela, 19.200 para a S.D.Burela e 20.700 para o clube deportivo Burela FS. En total son 53.700 euros os destinados neste 2011 polo Concello para estas escolas deportivas, un montante que se foi incrementando ano tras ano ao aumentar tamén o alumnado”. Neves Cando lembrou que “comezamos no ano 2008 con 48.000 euros e despois de catro anos asinando estes convenios, que cremos que son fundamentais para o deporte base e para a formación da canteira dos propios clubes, son máis de 200.000 os euros adicados a estes deportes e ás súas escolas” e engadiu que “o traballo desenvolto nos clubes e o aumento ano tras ano no número de alumnos énchenos de satisfacción e continuaremos apostando por este tipo de apoio ao deportes base”.

 

A S.D.BURELA EMPATA NA VISITA Á MILAGROSA:

A xornada de fútbol da S.D. Burela comezaba na mañá do sábado coa visita do equipo infantil ao campo das EF Viveiro. A vitoria dos rapaces de Jaime tivo como xogador máis destacado a Javi con cinco goles. Nesta mesma mañá desprazaríase o equipo benxamin “A” ao campo da S.D. Ribadeo B. O partido tivo clara color verde cun resultado de 0-7.

Xa pola tarde xogaría neste campo o equipo prebenxamin, nunha tarde soleada os rapaces de Manolo venceron por 0-3 a un bo equipo da  S.D. Ribadeo “A”. O equipo xuvenil viaxou a Xove para enfrontarse nun intenso derbi ao equipo veciño e gañaron merecidamente por 1-3, Alex, Jairo e Wilson marcaron por os verdes. O último desprazamento da tarde do sábado sería o do Benxamin “B” a Viveiro. Os rapaces de Nito empataron un partido (5-5) que chegaron a dominar por 1-5.

Na mañá do domingo xogaría o equipo cadete en Monterroso. Con un intenso frio e choiva se disputaría un igualado partido entre dous equipos de nivel parexo. Os rapaces Luis viron como os locais se adiantaron faltando cinco minutos para acabar a primeira mitade e non foron capaces de reaccionar nun mal segundo tempo.

O último partido da fin de semana sería o xogado por o primeiro equipo. Nun partido xogado de poder a poder onde se xogaban moitas aspiracións ao segundo posto, os verdes adiantáronse por medio de Jaime pero intres despois viron como o equipo local empataba o partido.

Milagrosa (1): Yelco, Martín, Marcos, Santomé, Longui, Carreira, Álvaro, David, Alberto, Alberto Díaz e Siso. Tamén xogaron Jorge y Carlos.

S.D.Burela (1) : Ratoeira, Alberto, Miguel, Rubén, Pedro, Bruno, Rodri, Óscar, Jaime, Manolito e Ángel. Tamén xogaron
: Martín, Senedo e Julio.

Goles: 0-1, m.40: Jaime. 1-1, m.41: Alberto.

Árbitro: Cristóbal Rodríguez Lodo (Colegio lucense)

 

TRES PUNTOS EN BROLLÓN TRAS UNHA GRAN SEGUNDA METADE;

O primeiro equipo viaxaba nesta xornada o sempre difícil campo do Brollón. O partido foi igualado no  primeiro tempo e case sen ocasións.

No segundo tempo os verdes saíron en tromba logrando poñerse con 0-2 de ventaxa con goles de Jaime e Pedro. Miguel Casanova lograba reducir distancias para o equipo local de penalti. A expulsión de Julio Cayón marcou os últimos minutos do partido, onde o equipo local buscou sacar un resultado positivo ante os seus afeccionados. 

Brollón (1): Tonino, Carlos, Dani Rivera, Durán, Oscar Méndez, Vizca, Iago, Diego Cid, Sarabia, Vico y Miguel Casanova. Tamén xogaron: Javi Valcárcel e Pires.

S.Burela (2): Ratoeira, Tedy, Julio Cayón, Rubén, Pedro, Bruno, Rodrigo, Manolo, Jaime, Miguel e Juanito. Tamén xogaron: Borja, Óscar Otero, Oscar Carballeira e Joel.

Goles: 0-1 m.46 Jaime, 0-2 m.53 Pedro, 1-2 m.60 Miguel Casanova.

Árbitro: Iñaki Petrikorena (Delegación de Monforte).


Nesa mañá de domingo produciríase unha nova vitoria do equipo cadete ante o Becerreá (5-2). David Lage con tres goles foi o máis destacado do partido, onde os burelaos fixeron unha gran primeira parte (4-0) que lles permitiu lograr unha nova vitoria. Antes deste partido xogaría o alevin A, que caería derrotado por primeira vez na tempada ante o E.F. Viveiro B por catro goles a cinco.

A meirande parte dos partidos dos equipos da entidade xogaríanse o sábado. Os infantís recibiron ao Sagrado Corazón e gañaron por un contundente 6-1. Javi con 4 goles foi o máis destacado do encontro do equipo dirixido por Jaime. Xa pola tarde desputaríanse os encontros entre o alevin b e o Santiago de Foz con vitoria para os visitantes e o empate entre o prebenxamin e o EF Viveiro A.

Na visita ao Municipal de Viveiro os benxamíns gañaron os seus respectivos partidos no remodelado campo viveirense e o xuvenil colleitaría tres novos puntos que lle permiten seguir pelexando por os postos cabeceiros da liga.

 

NOVA VITORIA DO PRIMEIRO EQUIPO QUE ASCENDE Á SEGUNDA PRAZA:

Nun frouxo partido xogado polos pupilos de Suso, os verdes conseguiron tres novos puntos cós que alcanzan de novo a segunda praza da liga. O primeiro tempo foi de total dominio local ante un Calasancio que buscaría as súas opcións á contra. Na segunda metade o empuxe do cadro burelao permitiu tres novos puntos tras un gol de Pedro, logo dun saque de esquina, nos últimos minutos como xa ten acostumada á parroquia verde.

S.D.Burela (1): Rato; Miguel, Cayón, Pedro, Óscar Otero, Julio Neira, Rodrigo, Revilla, Jaime, Manolo e Juanito. Tamén xogaron: Borja, Peri, Carballeira e Bruno.

Calasancio (0): Óscar; Mariño, Dafonte, Breo, Diego, Samu, Luis, Rubén, Róber, Mariño e César, Tamén xogaron: Iago y Brais.

Árbitro: Polo Fernández (delegación de Viveiro).

Os xuvenís, que seguen na súa loita particular por alcanzar os postos altos da clasificación gañaron o seu derbi contra o Alfoz (2-3). O partido, disputado no Municipal de Alfoz, tivo dúas partes ben diferenciadas. Na primeira os pupilos de Abel conseguiron dous goles, obra de Miguel e Joel este de fermosa factura, que lles permitirían ir ao descanso con ventaxa. Na segunda parte os rapaces de Xeada conseguiron dar unha mellor cara e puxeron en apuros a meta defendida por Erik. Logo desta vitoria os xuvenís sitúanse terceiros a 8 puntos do Foz, lider da clasificación.

Mala sorte para os pupilos de Lúis Pardo nesta fin de semana. A visita á Residencia B, equipo o cal gañaran na primeira volta, podería servir para o resurxir do equipo cadete pero tras un partido con dúas partes ben diferenciadas os rapaces verdes caeron derrotados por catro goles a dous. Caerían tamén derrotados os infantís, na súa visita a Chantada, os rapaces de Jaime deron a cara ante un dos mellores da categoría e conseguiron facerlle fronte ao longo do tempo reglamentario.

Nos equipos de fútbol 7 as vitorias do alevin e benxamin A foron o máis destacable da xornada, ademais do debut do equipo prebenxamin que gañou por un contundente 0-10 ó E.F.B. Viveiro B.

 

RESULTADOS DESAFORTUNADOS NA FIN DE SEMANA:

O sábado era o turno para os infantís do clube, que foron os únicos en vencer nesta fin de semana. Os pupilos de Jaime gañaron con comodidade ó Lugo B, por seis goles a dous. Ese mesmo día á tarde xogaría o equipo xuvenil ante o Pontenova. O equipo de Abel, que loita por rematar nos postos cabeceiros da clasificación, empatou a dous goles ante un combativo Pontenova. Os xuvenís puxéronse dúas veces por diante do marcador, pero a vergonzosa actitude de varios xogadores rematou nunha tangana, que terminou con catro xogadores expulsados, deslucindo un gran partido entre dous bos conxuntos.

A mañá do domingo foi o turno para os alevins, que se mediron entre eles con nova vitoria para o conxunto de Óscar Carballeira que se distancia aínda máis como líder da clasificación. De seguido volveríase a vivir outro derbi da comarca na categoría cadete. Os pupilos de Luís Pardo enfrontáronse ao C.D. Foz e caeron derrotados por 1-5 nun partido no que mereceron mellor sorte.

Na tarde do domingo o primeiro equipo viaxaría ao campo do Santaballés, colista da clasificación, que sorprendeu aos pupilos de Suso gañándolles por 1-0 cun gol de Michi no minuto 81.

Santaballés (1): David; Oli, Ferreiro, Seo, Neska, Bouza, Michi, Ángel Cazás, Óscar, Suso e Xavi. Tamén xogaron: Eladio, Iván e Dani.

S.D.Burela (0): Ratoeira; Miguel, Julio Cayón, Óscar, Rubén, Julio, Rodri, Pedro, Jaime, Manolo y Juanito. Tamén xogaron: Martiño, Miguel, Borja e Tedi.

Árbitro: Adrián Vázquez (Delegación de Lugo).

 

VITORIAS NOS DERBIS DO PRIMEIRO EQUIPO E XUVENIS:
 
O equipo de Primeira Autonómica conseguiu tres novos puntos no encontro de rivalidade ante o Iberia. O conxunto de Suso dominou e tivo máis ocasións ante un correoso Iberia. Pedro anotou o gol a poucos minutos do final que levaría a alegría ó bando burelés.
 
S.D.Burela (2): Raúl, Miguel, Xosé, Rubén, Julio Cayón, Bruno, Pedro, Revilla, Manolo, Jaime e Rodrigo. Tamén xogaron: Borja, Juanito, Teddy e Julio Neira.
 
Iberia (1): Ramallal, Cortegaza, Marcos, Moncho, Pablo Carballeira, Luis, Rubén, Aitor, Diego, Adrián e Toni. Tamén xogaron: Carri, Iago, Setxu e Cayón.
 
Goles 1-0 Julio Cayón, 1-1 Ruben, 2-1 Pedro

Abel e os xuvenís conseguiron un novo triunfo (4-0), o pasado sábado tamén ante o Iberia, que lles permite alcanzar o terceiro posto da táboa clasificatoria. Miguel con tres goles foi o xogador máis destacado do encontro. Os infantís, que adestra Jaime Méndez caeron derrotados na súa visita a Becerreá e o Viveiro gañou ós cadetes na súa visita ó campo anexo da Marosa.

No fútbol sete o equipo alevin b caeu derrotado no seu enfrontamento e no encontro entre os dous primeiros clasificados o Burela alevin a, gañou por 4-3 ao ED Lourenzá. Os benxamins non disputaron esta xornada por incompatibilidades horarias para poder celebrar o encontro.

 

RESUMO SEMANAL DE PARTIDOS:
 
O primeiro equipo da S.D. Burela caeu derrotado por dous goles a cero no campo do líder, a S.D. Chantada. O partido entre dous dos mellores conxuntos da categoría foi moi trabado e con escasas ocasións na primeira metade. A superioridade física local fíxose notar na segunda parte do encontro, mentras que o Burela saeu con bastante perigo ao contragolpe. O primeiro gol do conxunto local chegaría a falta de quince minutos para o final. Tras o gol os pupilos de Suso mostráronse máis combativos buscando a remontada e descuidaron a defensa, o que propiciou o segundo gol do Chantada nun contragolpe.

S.D.Chantada (2): Guiti; Josiño, Javi, Lois, Dani, Cañón, Brais, Pablo, Adri, Pateiro e Dieguito. Tamén xogaron: Joserra, Toño e Amistade.

S.D.Burela (0): Ratoeira; Miguel, Julio Cayón, Rubén, Pedro, Bruno, Rodrigo, Revilla, Jaime, Carballeira e Manolito. Tamén xogaron: Miguel, Juanito, Neira e Jairo.

Goles: Pateiro e Toño anotaron os tantos da S.D.Chantada.

Arbitro: Iñaki Petrikorena (Delegación de Lugo)
 
Abel e máis os xuvenís volvían a competición contra o Pastoricense. A visita á Pastoriza tivo dúas partes ben diferenciadas. Na primeira o conxunto local maniatou as oportunidades visitantes e conseguiu irse co marcador a favor por un gol a cero. Na segunda metade a saída dos xogadores burelaos foi mellor e conseguiron darlle a volta ó marcador pero unha desafortunada xogada fixo que Jota marcara en propia meta quedando en táboas o resultado, e cun Burela merecedor de máis.
 
Os cadetes, na súa visita ao campo do Polvorin, caeron derrotados por catro goles a un. A Luís e os seus pupilos fixolles dano o parón navideño, e a falta de ritmo de competición privou os intereses dos verdes. Os infantis colleitaron a goleada da xornada, logo de vencer por 15- 1 a un combativo San Roque que se puxo de inicio cun 0-1. Javi con cinco goles foi o máximo goleador do encontro.
 
O alevin A conseguiu unha nova vitoria na súa impresionante xeira de resultados durante a liga e o alevin B caeu derrotado na súa visita ao Lourenzá, serio aspirante o cabeceiro da táboa. Tamén caeu derrotado o benxamin A no seu enfrontamento co Ribadeo A por un apurado 4-5 e o benxamin B, dirixido por Nito, colleitou unha abultada vitoria por 9-3 ante un combativo e voluntarioso Santiago de Foz B.

 

AS MELLORES FICHAXES ESTÁN NA CASA:

As estatísticas da tempada 10/11 amosan un dato curioso e do que debemos congratularnos, xa que a S.D.Burela é o conxunto da Primeira Autonómica que emprega a máis xogadores saídos da súa canteira e da localidade. No que vai da tempada o equipo da Marosa empregou a 27 xogadores, dos cales vinteún (un 77,7%) son orixinarios de Burela ou saíron das categorías inferiores burelesas.

O meta Raúl (Foz) e os xogadores Xosé (Cervo), Ramón (Valadouro) e Rubén Baltar, Fran e Borja (Xove) son a excepción. Mentras que Ratoeira (Alfoz), Oscar Otero (Cervo) e Revilla (Valladolid) non son orixinarios de Burela pero teñen pasado verde polo seu paso pola canteira burelesa.

 

REMONTADA DOS INFANTIS E EMPATE DO PRIMEIRO EQUIPO NA ÚLTIMA XORNADA:

O equipo infantil da S.D. Burela tivo unha gran reacción para poder levarse os tres puntos disputados no campo da Marosa, o pasado sábado á mañá. Jaime e os seus comezaron o partido de xeito dubitativo, acabando a primeira parte con 2-4. Tras a reanudación os rapaces souberon superarse e remontar ata acada-lo 9-4 final. Javi con seis goles e Jorge con tres foron os goleadores burelaos.

Pelayo e o benxamín A conseguirían un gran resultado tras visitar o campo do Santiago de Foz B. Este partido, suspendido por incompatibilidade de horarios na súa data, disputouse o pasado domingo día 9 á maña con vitoria visitante por un contundente 0-9.

A revelación da Primeira Autonómica, o Pastoricense, visitaba o campo da Marosa. Os pupilos de Suso realizaron un gran partido pero non puideron conseguir os tres puntos ante un combativo Pastoricense, que tamén dispuxo das súas ocasións para gañar e deixou unha grata imaxe no campo da Marosa.

S.D.Burela (0): Ratoeira, Miguel, Julio Cayón, Rubén, Óscar Otero, Bruno, Rodrigo, Pedro, Jaime, Miguel Gómez e Revilla. Tamén xogaron: Julio Neira, Borja e Juanito.

Pastoricense (0): Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Penelas, Mel, Diego Castro, Farra, Iñaqui e Raúl. Tamén xogaron :Diego, Andrés e Santi.

Árbitro: Samuel Martínez López (Delegación de Lugo).

 

BO COMEZO DE ANO PARA OS INTERESES VERDES:

O primeiro equipo da entidade comeza o ano cunha importante vitoria (1-0), no encontro de rivalidade comarcal, ante o Valadouro. Os verdes retornan a postos de ascenso directo de categoría tras esta vitoria. Para próximas xornadas, a visita do Pastoriza e o viaxe ao campo do Chantada determinará gran parte das opcións verdes na Liga.

Na primeira tarde do ano futbolístico, cun clima frío, os verdes comezaron dominando o esférico, ante un conxunto visitante que esperaba en medio campo, co fin de impedir a circulación de balón do cadro da Marosa. Os pupilos de Suso intentárono unha e outra vez, cun inspirado Miguel Gomes como xogador máis incisivo nesta primeira parte, ante un combativo Valadouro que gozou tamén das súas oportunidades nos primeiros corenta e cinco minutos de encontro.

Tras o descanso, o primeiro cambio producido no banco burelao, e o cambio de posicións realizado a súa vez por Suso, produciu un novo impulso para os intereses da S.D. Burela. As ocasións comezaron a ser máis claras e Jaime, nunha fermosa xogada individual, marcaría o gol da vitoria. Ata o final do partido os visitantes intentarían chegar con máis homes a meta defendida por Rato, que volvía a titularidade logo dos seus dous partidos sancionado, pero non produciron o perigo suficiente para cambiar o marcador.

 

BOS RESULTADOS NOS ÚLTIMOS PARTIDOS DO ANO:
 
Na viaxe máis longa da tempada, o primeiro equipo trouxo os tres puntos de Escairón logo dunha mellor posta en escena ante un combativo equipo local. Os pupilos de Suso rapidamente se puxeron con vantaxe no marcador e a mala fortuna privounos dun resultado maior. Pedro e Rubén foron os autores dos dous goles burelaos. 

Escairón (0): Montilla; Marcos, Diego, Ramón, Rubén, Yesi, Aitor, Dennis, Pandiani, Candi e Félix. Tamén xogaron: Favio, Juanín, Máikel e Cazón.

S.D.Burela (2): Raúl; Miguel, Xosé, Rubén, Julio Cayón, Bruno, Miguel Gomes, Revilla, Jaime, Rodrigo e Pedro. Tamén jugaron: Óscar, Fran e Julio Neira.

Os rapaces do xuvenil conseguiron unha importante vitoria ante o Sagrado Corazón, os rapaces de Abel gañaron por 2-1 a un rival directo pola loita dos primeiros postos. A primeira parte, onde os burelaos mostraron un gran xogo, terminou con 2-0, suficiente renda para a segunda parte donde os visitantes recortaron distancias.
 
A sorte para o equipo cadete non estivo do seu lado nesta vez. Tras adiantarse no marcador, Luis e os seus viron como a dianteira do Sarria se imporía a súa defensa perdendo por 3-7. O equipo infantil, por a súa banda, colleito a goleada da xornada logo de vencer por 0-12 ao AD Ferroviaria. Venceu tamén de forma contundente o alevin a, mentras que benxamin b e alevin b caeron derrotados. O benxamin a xogará esta xornada entre o oito e o nove do mes que ven, logo da suspensión da xornada por incompatibilidade de horarios.

 

PRIMEIRA DERROTA DA TEMPADA NA MAROSA:

Na tarde do domingo, o conxunto dirixido por Suso, asolagado polas baixas de diferente índole e con tres xogadores xuvenís na súa convocatoría, caeu derrotado por un gol a dous fronte o Ferreira de Pantón. Os visitantes aproveitaron dúas das poucas ocasións que tiveron, mentras que os dianteiros do Burela desesperáronse ante a súa falta de puntería.

S.D.Burela (1): Raúl, Juanito, Xosé, Miguel, Pedro, Bruno, Borja, Revilla, Jaime, Rodrigo e Manolo. Tamén xogaron: Miguel Gomes, Moro, Jairo e Julio Neira.

Ferreira (2): Marcelino, Edgar, Davicín, Chubby, Santi, Meji, Zizú, Maikel, Núñez, Kiss e Esteban. Tamén xogaron Camilo, César e Adrián.

Goles: 0-1; Davicín: 0-2; Máikel; 1-2; Manolo.

 Os xuvenís viaxaron o sábado ó campo do Cospeito. O empate a un corta unha gran racha dos rapaces de Abel, que para a semana reciben ao segundo clasificado na táboa, o Sagrado Corazón. Pola súa parte, os cadetes, empataron a dous goles no campo da S.D. Ribadeo nun partido marcado polo estado do terreo de xogo. Jaime e os infantís caeron derrotados diante do lider da clasificación, o Foz. Os burelaos plantaron cara e chegaron a empatar o marcador a dous, pero a maior pegada dos rapaces de Burunda fixo que chegara o resultado final 2-4.
 
Pola súa banda os alevins volveron a conseguir sendas vitorias e os benxamins caeron derrotados nos seus respectivos encontros de futbol 7.

 

MARCADORES DA FIN DE SEMANA:

A S.D. Burela viaxaba o pasado domingo ao campo do Ribadeo. O equipo de Vilachá, un dos favoritos da categoría, empatou a cero fronte a un combativo conxunto verde nun partido marcado polo mal estado do terreo de xogo do Pepe Barrera. A expulsión de Ratoeira mermaría aos visitantes que ainda así tiveron ocasións para poder levarse os tres puntos


Ribadeo (0): Viuski; Diego, Javi Nogueira, Porto, Vilela, David, Vicente, Adrián Fernández, Chinco, Álvaro e Cristian: Tamén xogaron Nahuel e Fabián.

S.D.Burela (0): Ratoeira; Miguel, Toñito, Julio Cayón, Rubén, Bruno, Rodrigo, Revilla, Jaime, Manolito e Miguel Gomes. Tamén xogaron: Pedro, Jairo, Raúl, Óscar Otero e Borjita.

Árbitro: Álvaro Valín González (Delegación de Lugo).

O Sarria conseguiu levar os tres puntos do parapeto burelao. O enfrontamento contra os infantis, dirixidos por Jaime, saldouse con un abultado 4-6, marcado pola expulsión do meta burelao Ramiro cando os burelaos medraban no seu xogo.

 

OS XUVENIS CONTINÚAN CO ACELERADOR POSTO
 
Logo dun frouxo inicio de liga, os pupilos de Abel comezan a collerlle o pulso á competición e nos últimos tres partidos encadenan goleadas. O pasado sábado recibian na casa ao Pol e o resultado foi outra vez abultado (8-0), Jairo con catro goles foi o máis destacado do encontro.

O primeiro equipo veu como os paos e unha desafortunada decisión arbitral lle privaba da vitoria. Na primeira parte dous despistes defensivos fixeron que se fora ao descanso con 0-2. Tras a reanudación o equipo burelao saeu en tromba en busca de remontar o marcador e conseguiu, con moito esforzo, empatar o marcador a dous. Dous tiros ao pao de Manolo e Julio e un gol anulado a Rodrigo, logo das numerosas protestas do equipo contrario, privaron dos tres puntos ao Burela. 

S.D.Burela (2): Raúl, Tedy, Julio Cayón, Óscar Otero, Pedro, Bruno, Miguel Gomes, Revilla, Rodrigo, Fran e Manolo. Tamén xogaron Juanito e Borja.

Cabreiros (2): Carlos, Rivas, Paco, Abel, Cristian, Pepe, Chechu, Víctor, Fran, Pellón e Marcos. Tamén xogaron Noé, Dani e Alex.

Goles: 0-1: Paco. 0-2: Fran. 1-2: Borja. 2-2: Revilla.

No enfrontamento do sábado, en Vilalba, os rapaces de Jaime, sustituido neste partido por Cao perderon nun bo partido en liñas xerais dos noveles xogadores burelaos ante un dos mellores equipos da liga. Tamén caeu derrotado o equipo cadete ante o Sagrado Corazón, o equipo burelao conformado practicamente por xogadores de primeiro ano veu como os rapaces de Lugo remontaban o tanto inicial de Xosé.
 
No fútbol 7 o equipo alevín A continúa coa súa boa xeira de resultados logo da vitoria conseguida fronte ao alevin B da entidade e os nosos equipos benxamins colleitaron sendas derrotas ante Praia de Covas e Ribadeo B.

 

DERROTA EN LOURENZÁ E RESULTADOS POSITIVOS DA CANTEIRA:

A S.D.Burela saíu derrotada do campo de Santa Cruz ante o Lourenzá nun derbi marcado polas malas condicións do terreo de xogo debido o mal tempo dos días anteriores, a imposibilidade de xogar ben o balón fixo que os homes adestrados por Suso sumen a súa segunda derrota da tempada nun partido que a pesar do marcador (1-0) con gol do local Moncho, non mereceron perder. Aínda así o tropezo do Ribadeo fai que os verdes conserven unha semana máis o segundo posto na táboa.

Lourenzá (1): Xoel; Máikel, Carro, Carlos, Omar, Pablo, Garrafín, Recalde, Pipe, Marcos e Moncho. Tamén xogaron Lucas e Izar.

S.D.Burela (0): Ratoeira; Pedro, Xosé, Óscar, Julio Cayón, Bruno, Revilla, Miguel, Jaime, Manolo e Carballeira. Tamén xogaron Rodrigo, Edson, Borja e Julio Neira.

O equipo xuvenil desplazouse o campo do Ribadeo FC, o que endosou un abultado 1-7 que amosa a superioridade dos visitantes durante o encontro, os rapaces de Abel atópanse na parte alta da táboa.

Os cadetes de Luís Pardo sumaron unha importante victoria por 1-4 no campo da SCD Milagrosa, o equipo verde que viña de varios partidos irregulares obtén así unha merecida victoria que elevará a súa moral. A nota negativa da canteira  esta fin de semana foi por parte dos infantís que caeron por 0-4 en Ribadeo. e continúan na parte media da táboa.

Xa en Futbol 7 os representantes da S.D.Burela obtiveron resultados positivos en categoría alevín vencendo a E.F.Viveiro (6-8) e tamén en categoría benxamín gañando os seus partidos a E.F.Viveiro (8-5) e a S.D.Ribadeo (6-5).

 

RESUMO DA FIN DE SEMANA:

O primeiro partido disputaríase o sábado recibindo os infantís ao Seurros. Os pupilos de Jaime gañaron por 11-0 a un rival que ocupa os derradeiros postos da competición. Jorge con cinco goles foi o máis destacado do encontro. Na tarde do mesmo día produciríase un novo derbi na categoría xuvenil. A E.D. Lourenzá visitaría o campo da Marosa no cal saería derrotado por 9-1, os rapaces do xuvenil desenrolaron todo o seu arsenal ofensivo por primeira vez na temporada e o resultado foi así de positivo. Nesta mesma tarde produciuse o debut do alevin b e o benxamin b. Os primeiros caeron derrotados por as E.D. Lourenzá mentras que o segundos gañaron a E.F.B. Viveiro B.

Na mañá do domingo produciríase o debut do benxamin A e o alevin A. Ambolos dous equipos se enfrontaron a E.F.B. Viveiro A da súa categoría e conseguiron sendas victorias. Nesa mesma mañá xogaría o equipo cadete que caería derrotado por 3-4 nun bonito partido diante do A.D. Praia de Covas.

O Bóveda sería o rival do primeiro equipo, que empatou a cero. O partido foi bastante trabado debido as condicións metereolóxicas pero o Burela mereceu un mellor resultado gracias ao seu bo xogo de combinación.  

S.D.Burela (0): Raúl, Miguel, Julio, Rubén, Óscar Otero, Bruno, Rodrigo, Revilla, Jaime, Manolo e Óscar Carballeira. Tamén xogaron Pedro, Juanito e Xosé.

Bóveda (0): Iván Eric, Castro, Chispi, Diego, Moya, Suso, Ibi, Patiño, Manolín, Iván Cid e Borja. Tamén xogaron Paco, Beni e Sow.

Incidencias: Partido desputado no Campo Da Marosa que rexistrou una frouxa entrada nunha tarde moi desapacible e de moito vento. O encontro foi arbitrado por Pablo Polo Fernández da Delegación da Mariña.

 

MALOS RESULTADOS NA FIN DE SEMANA:

O desprazamento do equipo infantil ao campo do Polvorín, o pasado sábado era o primeiro partido da S.D. Burela nesta fin de semana. O equipo de Jaime pecou de falta de pegada para poder colleitar un mellor resultado, a derrota 2-0 amosa a maior fortuna do equipo local. Na tarde do sábado sería o turno para os xuvenís. O derbi provincial foi para o C.D.Foz (2-1) gracias a remontar os pupilos de Eliseo o gol de ventaxe de Jairo. Unha actuación por debaixo das súas posibilidades do equipo de Abel que plantou cara, pese a súa xuventude, a un correoso e duro rival.
 
O domingo sería o turno para os alevins no seu último partido amistoso antes do comezo de liga. Os rapaces de Óscar empataron a dous ante o Santiago de Foz, nun partido que serve para preparar o debut da vindeira fin de semana. Tamén na mañá do domingo xogarían os rapaces de Luis Pardo. Os cadetes seguen sen ter moita sorte de cara a porta e empataron a un gol ante o San Xosé.
 
O domingo pola tarde o primeiro equipo desprazouse a Taboada para xogar nun dos campos máis difíciles da categoría. A visita supuxo un novo empate do cadro verde. O rápido gol do equipo local foi xenialmente neutralizado por Óscar, nun gran lanzamento de falta, e por Jaime nunha xogada persoal. Xa na segunda metade a gran velocidade do equipo local fixo que chegara o definitivo empate a dous.

Taboada (2): Roi, Montes, Pablo, Nico, Iván, Víctor, Feás, Poyán, Mosqui, Marcos y Andrés. Tamén xogaron: Guerreiro, Chiqui e Gael.

S.D.Burela (2): Raúl, Miguel, Julio Cayón, Rubén, Oscar Otero, Revilla, Borja, Manolo, Jaime, Oscar Carballeira e Rodrigo. Tamén xogaron: Pedro, Julio Neira e Edson.

Goles: Nico e Poyán para o Taboada e Jaime e Oscar Carballeira para a S.D.Burela.

Incidencias: Encontro desputado no campo da Medela ante un bó número de espectadores, o encontro foi arbitrado por Lamas Vázquez da Delegación de Monforte.

 

VICTORIA DA S.D.BURELA ANTE O RIOTORTO:

S.D.Burela (2):  Ratoeira, Pedro, Julio Cayón, Rubén, Oscar Otero, Bruno, Rodrigo, Revilla, Jaime, Oscar Carballeira e Borja. Tamén xogaron: Julio Neira, Edson, Miguel e Juanito,

Riotorto (1): Marcos, Martín, Kubala, Nando, Lourido, Juan Carlos, Cristian, Michu, Miguel Angel, Jose Luis e Santi. Tamén xogaron: Iago e Antonio.

Goles: 1-0; Rodrigo; 1-1; Lourido; 2-1; Edson.

Incidencias: Partido desputado no Campo Da Marosa, que rexistrou unha escasa entrada, o encontro foi arbitrado por Iago García Vázquez da Delegación da Mariña.

A S.D.Burela sumou os tres puntos in extremis tras dominar con claridade durante os 90 minutos a un Riotorto que só buscou o contragolpe. Destacaron por parte burelesa Bruno, Rubén e Borja.

Outros resultados destacables da xornada foron a victoria do equipos xuvenil por 1-2 en San Cibrao e dos infantís por 6-0 ante o Atlético Abuín e o empate a ceros dos cadetes de Luis Pardo no campo do San Roque.

 

O PRIMEIRO EQUIPO E OS XUVENÍS VENCEN:

O primeiro conxunto da S.D. Burela continúa a realizar unha gran principio de temporada. O pasado domingo viaxaría ao campo de Esteiro para medirse, no exilio debido as obras no seu campo, ao Folgueiro. Os pupilos de Suso fixeron un bo partido e conseguiron unha nova vitoria coma visitantes (1-3), con goles de Jaime por partida doble e Julio Cayón, este resultado permitelle ós verdes seguir nos postos cabeceiros da táboa. 

Folgueiro (1): Guillermo, Diego, Chiqui, Cristian, Cholo, Pedro, Abraham, Pigueiras, Alex, Borja e Pipe. Tamén xogaron: Diego Peinó e Didier.

S.D.Burela (3): Ratoeira, Miguel, Cayón, Rubén, Oscar Otero, Martiño, Rodrigo, Bruno, Jaime, Manolo e Carballeira. Tamén xogaron: Fran, Revilla, Edson e Jairo.

Incidencias: Partido desputado no campo de Esteiro, debido ás obras no campo de Boavista, que rexistrou unha boa entrada e foi arbitrado por Julián Gómez (Delegación de A Mariña)

Abel e os xuvenís conseguiron o seu primeiro triunfo o pasádo sábado. No derbi contra o Xove Lago os rapaces templaron os nervios polos malos resultados anteriores e con goles de Jairo e Diego, de penalti, conseguiron unha importante vitoria para as súas aspiracións. Non asi o conseguiu o equipo de Luis Pardo, os cadetes, pois caeron derrotados no seu primeiro partido no campo artificial, ante o Monterroso. O conxunto visitante, formado integramente por xogadores de segundo ano, foi dominador do partido ante un conxunto local que comeza a mostrar síntomas de mellora.

A viaxe máis complicada desta fin de semana foi a do equipo infantil. Os pupilos de Jaime viaxaron o campo da Milagrosa, un dos mellores equipos da categoría, que non estivo comodo ao longo da primeira metade e tan só se foi cun escueto 1-0 ao descanso. Na segunda metade os pupilos de Jaime baixaron fisicamente e non puideron evitar a goleada (7-1).

 

INCORPORACIÓN DE HONRA:

César Revilla volta as súas orixes. Tras preto de quince anos no mundo do fútbol sala o xogador burelense opta por cambiar de disciplina e regresar ós campos de fútbol. O xogador vincularase á S.D. Burela ata o final da tempada. Foi precisamente na Marosa onde o xogador se iniciou no deporte, xogando de verde ata chegar á categoría cadete.

Revilla de 29 anos chega procedente do Burela Turística FS, e ten asumido que o proceso de adaptación será complicado, aínda que o seu novo adestrador Suso Pena mostrase moi feliz coa nova incorporación e indicou que o máis seguro e que o xogador ocupe a posición de mediocentro.

 

EMPATE ANTE A MILAGROSA E RESULTADOS DISPARES DA CANTEIRA:

O pasado domingo a S.D.Burela recibía ao derradeiro clasificado da táboa a Milagrosa, o equipo visitante fixo un completo partido  na parcela defensiva e conseguiu un merecido punto na Marosa. Froito da incapacidade de rematar as numerosas ocasións que producía a S.D.Burela os verdes veron como o árbitro pitaba un dudoso penalti que Rato paraba. Acto seguido chegaría o gol do equipo visitante, tras unha boa xogada do seu xogador Alberto, esas dúas ocasións foron as únicas do equipo visitante. O Burela, unha vez recibido o gol en contra, foise a polo partido conseguindo xa na primeira parte o empate por medio de Xaime, pero a mala fortuna privou aos locais dunha nova vitoria.
 
Tres goles de Wilson non foron suficiente para que o Burela xuvenil sumara os seus primeiros puntos na Liga. O partido entre o Burela e o Viveiro B tivo duas partes ben diferenciadas, pois na primeira parte o marcador ao descanso era de 3-1, pero tras a expulsión de Miguel Gomes no minuto 50 os papeis trocaron conseguindo empatar o encontro o conxunto visitante.
 
A S.D. Burela cadete visitaría o dificil campo do Becerreá. O equipo local, máis adaptado ó campo, esperarou a segunda metade para conseguir os tres goles que se refrexarían no marcador.
 
O equipo infantil volveu a conseguir unha importante vitoria no campo Anexo de A Marosa. No derbi mariñano, ante o Viveiro, os pupilos de Xaime mostráronse superiores, sobre todo no primeiro tempo, e sentenciaron tras a reanudación, os goles de Javi, en dúas ocasións, Cristian e Pablo refrexan a superioridade da S.D.Burelá ante un bo equipo visitante. Esta vitoria repon os ánimos na escadra verde, logo da dolorosa derrota sufrida durante a semana no campo do Sagrado Corazón (5-4), logo de ir por diante no marcador por 0-4.
 
Tamén disputaron os seus primeiros partidos amistosos os conxuntos de fútbol 7 destacando a abultada vitoria dos alevins ante a EF Viveiro e as derrotas dos dous conxuntos benxamíns ante o Santiago de Foz.

 

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA:

Nunha fin de semana de ponte, os equipos da S.D. Burela non descansaron. O primeiro partido, a disputar xa por fin no campo de fútbol artificial anexo A Marosa, prodúciuse na mañá do sábado. Jaime e o equipo infantil recibiron ao sempre potente Chantada. Os rapaces de Jaime realizaron unha gran primeira parte, gañando 3-1 ao descanso pero na segunda parte desinfláronse quedando 4-7.

A S.D.Burela impúxose ó Brollón por 1-0 tras un partido bastante trabado no que os visitantes non quixeron xogar o balón. Os locais controlaron sempre o xogo e buscaron constantemente a meta do Brollón, pero a sorte non os acompañou en varios remates claros a porteria dun equipo visitante que nunca se achegou ós dominios de Raúl.

O Burela con estes tres novos puntos mantense entre os equipos con opcións de loitar polo ascenso, mentras que o Brollón decepcionou bastante na súa visita a terras burelesas. A S.D Burela segue facendo un bó futbol e iso está animando a xente a achegarse o Campo Da Marosa xornada tras xornada

S.D.Burela (1): Raúl; Miguel, Julio Cayón, Rubén, Pedro, Bruno, Borja, Óscar Carballeira, Jaime, Martiño y Rodrigo. También jugaron Edson, Tedy, Sito y Miguel Gomez.

Brollón (0): Tonino; Suso, Dani Ribera, Carlos, Óscar Méndez, Vizca, Pires, Diego Cid, Sarabia, Vico y Durán. También jugaron Borja, Óscar Casanova y Dani Merlo.

Gol: 1-0, Rodrigo.

Incidencias: Partido celebrado en el campo de A Marosa que registró una regular presencia de aficionados y fue arbitrado por Samuel Martínez López de la Delegación de A Mariña.

 

CARTA ABERTA:

Raúl Rego Rouco, impulsor desta iniciativa, por parte da S.D. Burela, con motivo da entrega do campo de herba artificial, por parte da Xunta ao concello de Burela, e este á súa vez á S.D. Burela:

Desexo empregar este medio para agradecer á xente que estivo comigo na directiva (Rubén Blanco, Suso Sueiras, Alfonso "A Petaca", Ismael Castro Santos, Xavier Carballeira, Tomas Costa, Fiskelas, Chicho, José Ramón Maseda,José María García, Pedro López, Bernardo Penabade, Manolo Ledo, Justo Eijo e Celso Trobo Castro) e de forma moi especial a Emilio Casal e Belén Rivas de "Breck Arquitectura", pola súa achega totalmente desinteresada na elaboración do proxecto, que despois foi doado ao concello de Burela, para que este iniciase a petición do campo ante distintas administracións.

Agradecer a os tres partidos políticos, que incluíron nas súas promesas electorais esta iniciativa, e que lle correspondeu a Neves Cando, coa axuda de Alfredo Llano e Pascual Domenech realizar as devanditas xestións. Conseguiron que a Xunta de Galicia accedese a levar a cabo o proxecto, que supuxo unha importante inversión de máis de 600.000 €, dos cales o Concello asume 90.000 €. Tamén temos que agradecer a José María González Barcia as xestións ante a Xunta de Galicia Sr. Lete que foi o final quen autorizou as obras a realizar.

A directiva actual (Pepe do Valiente, Pedro López, Manolo Ledo, e Bernardo Penabade) espera que esta obra sexa un aliciente para todo o pobo, en primeiro lugar as categorías inferiores: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, e xuvenís; tamén os séniors poderán realizar alí os adestramentos, así como os veteranos da S.D. Burela. En total máis de 200 persoas serán as que gocen directamente destas extraordinarias instalacións. Os afeccionados, pais/nais, empresas, e distintas administracións deben de ser conscientes da importancia que ten o deporte colectivo no desenvolvemento da sociedade actual e, polo tanto, apoiar dunha forma decidida o deporte base.

Gocemos pois a partir deste xoves día 7 de outubro do novo campo anexo á Marosa, que xa non é de terra. Grazas a todos os que dalgún xeito apoiaron ou anhelaron estas instalacións.

 

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA:

O sábado a mañá desprazaríase o equipo infantil cara Lugo. Os rapaces de Jaime mediríanse ao sempre potente Lugo B caendo derrotados por 3-2 nun encontro malo en liñas xerais por parte dos dous equipos. Destacar a aportación de Javi con dous goles.

Na tarde do mesmo día debutaría na casa o conxunto xuvenil. Abel e os seus caeron derrotados por 1-2 ante o Alfoz, dirixido po
lo ex adestrador das categorías inferiores Xeada, que impuxo a súa maior pegada ante un Burela que marrou numerosas ocasións.

O domingo po
la mañá sería o debut dos cadetes na casa. A Residencia B sería o rival do equipo de Luis que gañaría por 3-2 nun disputado partido. Dionildo con 2 goles foi o máis destacado do encontro.

E xa para rematar na tarde do domingo produciríase a primeira derrota do primeiro equipo. O cadro dirixido por Suso Pena viax
ou a Monforte para medirse ao Calasancio caendo derrotado por dous goles a un.  

Calasancio (2): Óscar; Samuel, Dafonte, Breo, César, Diego Pérez, Roberto, Sousa, Rubén, Javito y Miguelín. Tamén xogaron: Borja, Pichi, Mariño, Héctor e Garza.

S.D.Burela (1): Raúl; Miguel, José, Óscar Otero, Rubén, Brugán, Juan, Óscar Carballeira, Jaime, Manuel e Fran. Tamén xogaron: Julio, Edson, Jairo e Alberto.

Goles: 0-1, m.23: Manuel; 1-1, m.40: Breo; 2-1, m.54: Rubén

Incidencias: Partido desputado no campo Dos Escolapios e arbitrado por Cristobal Rodríguez, de Monforte, expulsou polo Burela a Xosé e Óscar.

 

DEBUT DE XUVENIS E CADETES EN LIGA: 

A fin de semana iniciouse para a S.D.Burela có partido xogado polos infantís, que recibían ó Becerreá; emocionante encontro que concluíu cun empate a tres goles que satisfaceu ós dous equipos. Javi con dous goles foi o xogador máis destacado.
 

Na tarde do sabado ós xuvenís de Abel Eijo debutaban no dificil campo da Pontenova. Os rapaces burelenses conseguiron un valioso punto gracias ó gol de Alex.
 

En Foz debutaron os cadetes de Luis Pardo. O equipo con moitas baixas non puido plantar cara ó potente equipo focense e cae por un contundente 8-0.
 

O equipo de primeira autonómica xogaría unha nova xornada o domingo pola tarde, o rival foi o Santaballés, equipo recén descendido de Preferente, e un dos favoritos. Suso e os seus impuxéronse por 2-0 gracias aos goles de Jaime e Oscar Carballeira, e moi especialmente ó brilante xogo dos verdes que en poucos momentos veron peligrar o resultado, con este marcador os burelenses son lideres de grupo.

 

FIN DE SEMANA DE GRANDES RESULTADOS:

O partido de liga do primeiro equipo da S.D. Burela finalizou cun gran resultado, o 0-3 final favorable ós pupilos de Suso coloca o conxunto burelés no cabeceiro da táboa empatado a 7 puntos co Cabreiros.

Iberia (0): Ramallal, Lillo, Moncho, Cortegaza, Pablo, Aitor, Iván, Iago, David, Balbino y Parga. Tamén xogaron: Marcos, Luis, Rubén y Dario.

S.D.Burela (3): Ratoeira, Miguel, Xosé, Pedro, Julio, Martiño, Borja, Óscar, Jaime, Manolo e Miguel Gomes. Tamén xogaron: Fran, Óscar Otero, Rodrigo, Edson.

Goles: 0-1: Manolo. 0-2: Óscar. 0-3: Fran.

Incidencias: Partido celebrado en el campo de As Valgas que registró una buena entrada. Arbitrou Polo Fernández da Delegación da Mariña.

O sábado pola mañá produciríase o primeiro partido de liga para o equipo infantil da S.D. Burela. O desprazamento do equipo dirixido nesta temporada por Jaime concluiu cunha contundente vitoria por 0-10 ante un San Roque formado na súa maioria por xente de primeiro ano e alevins.

Formaron por parte burelesa: Ramiro, Pita, Alex, Rodrigo, Aaron, Pablo, José Manuel, Javi, Alvaro, Jorge, Cristian. Tamén xogaron: Simón, Iago, Sergio e Antón.

 

VICTORIA ANTE O CHANTADA:

A S.D.Burela conseguiu a súa primeira victoria da tempada na Marosa, grazas a un gol no minuto 87 tras un barullo dentro da área; os locais estiveron unha hora cun xogador máis pola expulsión de Plácido.

S.D.Burela (2): Ratoeira, Miguel, Xosé, Rubén, Julio Cayón, Martiño, Manolo, Óscar, Jaime, Rodrigo e Fran. Tamén xogaron: Borja, Pedro, Oscar Otero e Julio Neira

S.D.Chantada (1): Guiti, Oscar Gallego, Javi, Lois, Charli, Plácido, Adri, Pablo, Oscar Méndez, Kadete e Dieguito. Tamén xogaron: Toño, Cayón e Joserra.

Incidencias: Partido arbitrado por Antonio Leiras Martinez no Campo Municipal da Marosa. Anotaron os goles Óscar Carballeira e Pedro para A S.D.Burela e Charli de penalti para A S.D.Chantada.

 

PRIMEIRA XORNADA PARA A S.D.BURELA:

A S.D.Burela iniciou a tempada cun empate a dous tantos no campo do debutante Pastoricense. Carballeira, autor dos dous tantos verdes e Manolo destacaron por parte burelesa.

Pastoricense (2): Josiño, Carlos, Juanma, Cami, Iago, Mel, Iván, Fontela, Iñaqui, Raúl e Farra. Tamén xogaron: Martín, Penelas, Diego Castro e Alex

S.D.Burela (2): Ratoeira, Pedro, Xosé, Rubén, Cayón, Neira, Miguel Angel, Manolo, Jaime, Rodrigo e Carballeira. Tamén xogaron: Óscar, Jairo, Edson e Borja.

Incidencias: Partido arbitrado por Rubén Folgueira Ríos (Delegación de Lugo). no campo do Acebreiro que rexistrou unha boa entrada. Anotaron os goles Oscar Carballeira (2) para a S.D.Burela e Mel e Farra para o Pastoricense.